sábado, 22 de abril de 2017

DIA DO LIBRO 2017

Día do libro na aula de 3 anos do Feal

O día 23 de Abril celebramos o DIA DO LIBRO, para conmemorar este día fixemos estas fotiños "lendo".
No nóso caso máis ben... mirando e posando para a cámara.
Ainda así, a presenza da lectura de contos está moi presente na nosa rutina de aula, ao longo da semana a profe na asamblea leenos un contiño, e despois de merendar sempre facemos uso da biblioteca de aula, de maneira libre, a través destas pequenas rutinas imos collendo o gusto pola lectura de contos dende idades temperás.










Cómo agasallo para este día, deixovos estes VIDEO-CONTOS para que os compartades cos vosos/as fillos/as. Estes mesmos foron elaborados por Mestres e alumnos/as de diferentes Centros Educativos de Galicia para o lecer  e entretemento de todos/as.
Tódolos video-contos que a continuación se amosan, son de Editorias moi coñecidas como KALANDRAKA ou OQO, podedes atópalos en formato papel, nas vosas librarías de referencia.

LOBO FEROZ
COCORICO

A TOUPIÑA

UN BECHO EXTRAÑO

FELIZ DÍA A TODOS!
--------------------------------------------------
LUNS 24 DE ABRIL
Xornada científica

O luns 24 de Abril, imos ter unha xornada moi especial da man da profesora de Ciencias de Secundaria, María, que un ano máis organiza actividades divertidas de carácter experimental, científico e de observación para tódolos rapaces, e sempre convida aos nenos/as de infantil a participar nesta experiencia. 

Amosaremosvos as fotiños noutra entrada no blogue.

Lembrade preguntarlle aos rapaces, a ver que foi o que máis lles chamou a atención!






No hay comentarios:

Publicar un comentario