lunes, 14 de enero de 2019

DESTREZAS NOVAS


Os rapaces de 5 anos, afianzámonos na destreza manual do uso do afilalápiz ou sacapuntas. 
Ainda que semelle unha tarefa sinxela, nestas primeiras idades ainda implica bastante coordinación óculo-manual e non lles resultan tan doado.
Borrar coa goma,  estender correctamente o pegamento, recortar coas tesoiras, afiar os seus lápices e pinturas... son destrezas manuais básicas, que resultan ser moi importantes que adquiran na etapa de infantil. 
Calqueira destas destrezas pódense practicar na casa!





__________________________________________________________________
____________________________________________________
________________
Os proxectos que imos a desenvolver no 2º trimestre están adicados aos VOLCÁNS e en Arte estará adicado ao pintor ANDY WARHOL.
Avanzaremos nas matemáticas manipilativas e xogos de lóxica, ademáis seguiremos dándolle continuidade  á realización de sumas sinxelas e á iniciación á resta
Tamén continuaremos cos 2 cuadernillos adicados ás consoantes en minúscula e a iniciación ao proceso lector (segundo cada caso individualizado).

Esperamos aprender moitísimo e pasalo moi ben!



2 comentarios:

  1. esta evaluacion a aula voara polos aires cos volcans 🤣🤣🤣

    ResponderEliminar
  2. Madre mía! Espero que non!ja ja ja

    Seguro que o pasan xenial. Non hay nada cómo as experiencias na aula!

    ResponderEliminar