jueves, 24 de enero de 2019

Proxecto Os volcáns

PROXECTO
OS VOLCÁNS
2º TRIMESTRE

Iniciamos o Proxecto, preguntando aos rapaces Qué sabían acerca dos volcáns? E unha vez rexistrada ésta información, continuamos recollendo as cuestións acerca sobre Qué querían aprender ?

As familias de 5 anos (tan participativas e involucradas coma sempre :) ) están aportando materiais que nos van servindo de centros de interese en cada Asamblea semanal.
Temos materiais moi diversos: contos, libros informativos, xogos, experimentos, maquetas, tipos de volcáns, información da rede, fotos persoais de viaxes, debuxos, cancións… etc


 Izan e Marcos trouxeron algún materiais relacionados cos dinosaurios (según eles.... "os dinosaurios extinguironse por culpa de moitos volcáns que explotaron xuntos") Tereilles que explicar todo isto, máis polo miúdo.
Ángel atopou un reloxio da súa avóa feito a partires dunha pedra volcánica. Aproveitamos para falar dos usos das pedras volcánicas! Bisutería, adornos variados, cósmetica, muros...
Javi aoportou libros e un xogo experimetal  dun volcán (Imos convertirnos en vulcanólogos!
Cande elaborou unha lámpada de Lava ( e a puxemos en funcionamento, pero.... fracasamos no intento) Pero convidamos a Ábel e Cristina os pais de Candela (que son uns estupendos científicos e investigadores) a facer a lámpada de lava na clase.



 Julia, Bruno, Manuel, Alicia, Andrea …e outros nenos/as trouxeron pedriñas volcánicas para observar e manipular.
Temos unhas maquetas chulísimas! Alicia, Lucía, Aldair e Marcos elaboraron coa axuda das familias maquetas de Volcáns.



 Por que unha Imaxe vale máis que 1000 palabras !
Algúns compañeiros trouxeron información e fotos de viaxes!
Cómo dato curioso Iker C. trouxo un xabrón que contiña propiedades das pedras volcánicas.
A profe elaborou un vídeo e aportou moreas de fotos da súa 
"viaxe a un auténtico volcán extinguido".










Gracias por colaborar e participar!
Seguirei amosando os materiais (ainda quedan cousiñas por fotografiar)
O Proxecto está a resultar bastatne intetresante, e observo que os rapaces están afeitos a este tipo de de aprendizaxes, cada vez son máis curiosos, preguntan, están atentos... Unha maravilla velos así!

Para rematar a entrada do blogue, deixo ésta sinxela recreación do que puido ser a erupción do volcán Vesubio (no ano 79 a.c) e a devastadora destrucción da cidade de Pompeya.


Manu, ao día seguinte… trouxo un libro de Pompeya! ja ja ja

Tiven que facer moito fincapé que no ano 79 a.c, non había policías, bombeiros, teléfonos, hospitais, coches, avións... etc etc Que hoxe en día hai mecanismos que detectan a actividade   dun volcán  e se vai entrar en erupción, ademáis dos protocolos de evacuación.

Algún... preguntou se había volcáns cerca e tivemos que investigar e mirar nun mapa.
Estamos a salvo! 




4 comentarios:

  1. Expertos vulcanólogos!! Estupendo!!

    ResponderEliminar
  2. Tamén temos uns cantos xeologos que colaboran aportando pedras extraídas no patio de infantil, para o Recanto. Ainda que dende a miña humilde opinión, parecen máis ven uns adorables canteiros.

    ResponderEliminar
  3. O importante e que eles aprendan e descubran moreas de cousas e se divirtan ao mesmo tempo.

    ResponderEliminar