sábado, 14 de abril de 2012

COMEZAMOS A MERGULLARNOS...

Tan só levamos dous días coa experiencia "O fondo do mar"... pero xa comezamos a "engancharnos coa temática" o aporte de materiais persoais dos nenos/as e das familias fai que sexa moito máis motivador para eles/elas e favoreza o seu interese.
Xa temos unhas cantas cousiñas: contos, DVD, peluches, obxectos, cunchas, libros... non vos procupedes en mandar cousas que xa estean "repetidas" o importante é que o teu fillo/a se sinta ben e protagonista ese día, para eles é moi importante.
Fixemos dúas asambleas longuísimas (falando, falando e falando... que é coma realmente aprendemos a descubrir as cousas, ademáis de pensando, observando e manipulando os obxectos aportados) E non o vades a creer pero...xa descubrimos cousas interesantìsimas! coma por exemplo:
  1. Que as tartarugas marinas saen da auga e poñen unha morea de ovos nun burato na area e despois marchan ao mar outra vez, deixandoos alí soíños.
  2. Os peixes de moitas cores coma por exemplo: Dora, Nemo... viven en augas quentiñas e chamanse peces tropicais.
  3. O pulpo (polbo en galego) ten 8 patas que se chaman tentáculos e cando se enfada vota tinta negra e come cangrexos  os cales "espachurra e aperta moi forte cos tentáculos" e despois os come tranquilamente escondido entre as rochas ou as covas que hai no mar.
...E moitas cousas máis que irei contando (podedes preguntarlles a ver se se lembran de algo) e recordade que se teñen interese por algo ou fan preguntas, non dúbides en explicar e contarlles cousas diso.






Gracias de antemán pola vosa colaboración.
Estas son algunhas cousiñas que nos deron pé a falar e pensar.

1 comentario:

  1. qué chulooooooo, me encanta la idea y cómo lo exponen, qué fenómen@s! enhorabuena Sandra, genial idea.

    ResponderEliminar