miércoles, 11 de abril de 2012

QUEN VIVE NO FONDO DO MAR?

QUEN VIVE  NO FONDO DO MAR?
Cantas veces escoitariamos isto na boca dos nosos fillos e fillas?
 Pois sí... decidido! imos lle dar resposta dende o cole.
Os debuxos de "Bob Esponja" ou películas comerciais como "Buscando a Nemo", "Espantatiburóns" ou a "Sirenita" entre outras moitas máis... forman parte do tempo de lecer e entretemento dos máis pequerrechos convertíndose desta maneira nun mundo de fantasía e maxia, ademáis de favorecer a súa curiosidade hacia o fondo  marino: pulpos, cangrexos, algas, medusas, peixes, caracolas, estrelas de mar, area, cabaliños, baleas, tiburóns... tamén tesouros e barcos afundidos son as principais ideas que xurdiron hoxe cando apareceu unha caixa misteriosa chea de cousiñas e comezamos a falar moito, moito, moito.... Gustounos a nova proposta, a profe xa está preparada con materiais, ideas, traballiños, manualidades... tan só nos queda unha cousa para empezar.... a axuda e colaboración das familias! É moi doado axudarnos, tan só precisamos que aportedes diversos materiais vinculados co fondo marino ou relacionados ca vida do mar.


Recordade que non fai falla mercar nada! buscade pola casa hai moitas cousiñas que nos serían útiles (contos, debuxos, música, xoguetes, obxectos...) paseade pola praia, facede algunha actividade con eles...todo serve...o importante é provocar a curiosidade e o interese no neno/a e que vós poidades participar na súa aprendizaxe.
Esperamos que todos xuntos nos divirtamos, así que non me queda nada máis que decir:
MERGULLATE  NO FONDO DO MAR!

1 comentario: