miércoles, 10 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016 NO FEAL



O venres 5 de Febreiro o noso cole do Feal, encheuse de mariñeiros de auga doce e salada, mariscadoras de a pé, pescadores de río, capitáns, armadores... redes, canas, aparellos mariñeiros...

Era imposible dar un paso! O espiritú da cultura mariñeira, tan presente na comarca de Ferrolterra deixou unha pegada fonda no noso cole.


Os alumnos de 5 anos fan unha homenaxe a Vicent Van Gogh.




No seguinte vídeo, podedes ver o que fixemos ao longo da semana para este entroido, e o ben que o pasamos de troula na "festa mariñeira" .



1 comentario: