martes, 11 de diciembre de 2018

Manualidades

Estamos a piques de rematar o trimestre e levamos uns días adicándonos a elaboración de adornos de Nadal e manualidades creativas.
Queredes ver qué estamos argallando?

 Estamos elaborando estas candeas, elaboradas a  partires de envases de iogur.
Estamos facendo as nosas propias carpetas, onde gardaremos os traballiños do trimestre: A Mona Lisa e o Proxecto de Apicultura.




A técnica que aplicamos foi a de Jackson Pollock coñecida como Dripping ou Action painting.
-------------------------------------------------------------
………………………………………
Tamén aproveitamos ésta entrada no blogue para amosar algunhas das experiencias do proxecto de apicultura, que ainda tiñamos gardadiñas.
Aquí temos a Laura unha amiga da familia de Julia que nos explicou curiosidades acerca da vida das abellas e convidounos a degustar o mel que o seu pai elabora a partires das colmeas que ten nas montañas de Lugo.

 
GRACIAS LAURA!

 Paula e Óscar convertíronse nos protagonistas da asamblea, adicando o seu tempo á explicación dos usos e aplicacións do mel, polen e propolis en diferentes medicamentos e cosméticos que se dispensan nunha farmacia.
 
Tivemos a oportunidade de ir vendo todos os productos que nos trouxeron ao final da xornada escolar  Julia repartíu caramelos con mel a todos/as. Deliciosos!

Algunhas curiosidades acerca da vida das abellas.
Premede no enlace:
CURIOSIDADES DAS ABELLAS
APICULTURA NA ESCOLA


1 comentario:

  1. Qué de traballiños lindos que fixeron. Noraboa pequerrechos!
    A disfrutar moito e felices festas para todos! xxx

    ResponderEliminar