miércoles, 29 de febrero de 2012

LEMBRANZAS

Hoxe estivemos falando de cando eramos pequenos, e recordando cousiñas que pasaron no cole dende que comezamos en Setembro: O Samaín, magosto, os desfraces,  traballiños, cando nos coñecimos, xogos, cancións, risas, llantos, enfados, bailes, comportamento, reis magos, a paz, o recreo.... e incluso algunha travesura... uf! son moitas cousas. Foron eles mesmos os que me diron esta idea, para poder facer este video co material fotográfico gardado (ainda  quedan moitos momentos por visonar aún!).
Vaia lembranzas! pois que están cambiados estos pequerrechos!! Qué tempos aqueles dos inicios na escola dos maiores! xa están feitos uns "homiños e mulleriñas ben xeitosos".

Aquí vos deixo esta  escolma de fotos de diversos momentos vividos polos vosos fillos/as.
Acomodadevos que  hai moito que ver!

2 comentarios:

  1. Pois si que traballan estes nen@s !!!
    E nótase que medraron dende o mes de setembro...

    Un bico para os cativiñ@s e para a profe Sandra.

    Bibi.

    ResponderEliminar
  2. Teñen tod@s cara de pasalo pipa. Asi medran felices. Seguide así rapaces.
    Un bico para tod@s.

    ResponderEliminar