jueves, 9 de febrero de 2012

A PAZ CELEBRASE TÓDOLOS DÍAS

Os nenos e nenas de 3 anos B estivemos  celebrando o Día da Paz con todos os compañeiros/as do cole o luns 30 de Xaneiro.  Retomei  outra vez estos días o “Qué significaba para eles a Paz?”
Chegamos á conclusión que a Paz non se celebra tan só o 30 de Xaneiro,  senon tódolos días e de diversas maneiras. Estas son algunhas das ideas que xurdiron na asamblea da mañá: compartir, recoller os xoguetes, as pinturas... axudar a poñer o abrigo, axudar a subir e baixar as escaleiras, comer todo, ser amigos, non pelexar, non morder, facer os traballiños ben, non berrar, non correr por clase, obedecer ás profes, aos av@s, aos papás- mamás, tí@s... sendo bos, esperar a quenda para  falar, escoitar…
En fin!! Isto é o que significa para un nen@ de 3 anos a PAZ, non van desencarrilados…non creedes?  pouco a pouco e pasiño a pasiño van adquirindo hábitos útiles para a súa vida cotiá e adquirindo valores  tan importantes como a amizade, o compromiso e a xenerosidade... entre outros máis.
Ás veces os pequenos hábitos aprendidos  pódense converter en grandes  valores (cando chegan a súa idade adulta) por iso é importante comezar xa dende pequeniños a traballalos dende a escola.
Estas son algunhas das fotos da semana pasada e do traballiño que fixemos para ese día. Premede enriba da imaxe para poder velo.

                     

3 comentarios:

  1. Tedes un blog moi chulo profe Sandra!
    Un bico a tod@s e a seguir cativeando!
    Bibi.

    ResponderEliminar
  2. Bucanera, alegrome moita da túa visita por estas paraxes.Teño que dar unha volta a ver que fan estes piratillas.

    ResponderEliminar
  3. ¡¡¡¡¡¡ Noraboa profre Sandra polo teu novo blogue!!!!!!.Grazas polo teu traballo diario que demostras coa tua profesionalidade , como moi ben aparece cando te presentas " encántame o meu traballo" iso cando é de verdade ,nótase.
    A seguir poñendo cousiñas novas.Para non empezar esixindo moito,esperaremos ó entroido.
    Un bico.

    ResponderEliminar