martes, 1 de octubre de 2013

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!


Este home primitivo ben semella á nosa profe Sandra, dado que durante varias semanas estivo "noutra Era", sen ordenador, sen internet, sen cámara de fotos... aillada na súa caverna, tivo unha idea! e puido facer a primeira entrada no noso blogue, inaugurando deste xeito o inicio do curso 2013/14.
 
Imos contarvos as novidades que aconteceron estes días!
 
 
SOMOS 26 NA CLASE!
Sí, sí... que non nos creedes, pois mírade estas dúas fotos e contade amodiño.
 
Nesta estamos moito máis ordenados!
 
O noso compañeiro novo chámase NICO e é encantador. Benvido!
 
 
Xa fixemos unha morea de cousas, sobre todo: lembrar normas e hábitos, andamos un pouco "traviesos/as" últimamente, tamén andamos traballando nas letras, nos números... pero o que máis   nós está  entusiasmando é o novo proxecto de DINOSAURIOS.
Comezamos a "dinoaventura" cunha morea de materiais que as nosas familias enviaron.
E temos un recanto adicado a dita temática.
Graciñas de antemán, pola vosa colaboración e aportación de materiais.
 A DINOTECA
 
Aquí estamos facendo o noso crebacabezas de TRICERAPTOR.




  
Tamén celebramos 2 cumpreanos, Queredes saber quenes foron? Non fai falla presentación, por que xa os coñecedes son:
 

 
 
E os celebramos con ricos bizcoitos e  agasallaronnos chuches! Delicioso todo.
Gracias aos dous e as vosas familias por convidarnos!




 
 
  
ATA A PRÓXIMA ENTRADIÑA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario