viernes, 3 de febrero de 2017

30 de Xaneiro Día da Paz



Dende 1964, para conmemorar a morte de  Mahatma Gandhi,  celébrase o 30 de  Xaneiro o Día Escolar  da Non Violencia e a Paz, recoñecido po la UNESCO en 1993. Nesta data recordase a necesidade dunha educación fundamentada en valores nos que se desenvolvan a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humans, a non violencia, o entendemento mutuo e a paz.


Mahatma Gandhi

No cole celebrámolo, cantando e bailando a canción de Álvaro Soler, "Bajo el mismo sol".
Ataviàmonos cuns fermosos soles que fixemos en clase.

E despois do recreo, unímonos cos compañeiros de primaria, bailamos, cantamos e tivemos a oportunidade de ver voar as pombas que nos trouxeron.
Iker Sanjurjo e Lucas Soto da aula de 4 anos, foron os valentes que se atreveron a facer tan delicada tarefa, coa axuda do profe Juan Carlos.


Levamos este traballiño para casa.
Aquí estamos todos o Feal e Freixeiro, preparados, para a celebración.

Premede no vídeo!




paz 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

1 comentario: