sábado, 18 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017



 A semana do Entroido está a piques de comezar!
O venres 24 de Febreiro, tócanos troula no cole, viremos desfrazados, merendaremos doces típicos desta época e bailaremos e imonos divertir moito cos nosos/as amiguiños/as de clase.
Ao longo desta semana a figura do MECO, vai dando os "mandatos" para cada día, co fin de divertirnos un pouco, antes da gran festa do Entroido do Feal!

En moitos lugares de Galicia, principalmente na provincia de Ourense, Xinzo da Limia, Laza e Verín, xa comezaron!

Estas son as súas principais protagonistas:

Cigarróns de Verín

 

Peliqueiros de Laza

As Pantallas de Xinzo de Limia

A profe falounos un pouquiño de cada unha delas, resultounos complicado asimilar algunha información acerca destas persoaxes, e incluso, a algún dáballe "algo de medo" o seu desfrace, pero pouco a pouco imonos acercándonos á nosa cultura e floclore popular galego.
Pero hai moitas máis figuras representativas do noso Entroido Galego coma: os Boteiros en Viana do Bolo, os Volantes en Chantada, o Oso na Pobra de Brollón, Ravachol, Xenerais do Ulla, a Morena en Laza, o Meco, as Madamas e Galáns en Cangas e Vilaboa, os Choqueiros no barrio de Monte Alto na Coruña...

Ademáis disto tamén falamos dos doces e xantares: cocido, orellas, filloas, buñuelos...!  Foron moitos os nenos que identificaron  as imaxes expostas e que  non dúbidaron en decir: 
"Profe eso lo hace mi abuela".

BO INICIO DE ENTROIDO A TODOS/AS!


Entre a derradeira  semana de Febreiro e principios de Marzo, poñerei as fotos dos nenos ataviados cos seus desfraces. 
Lembrade que sexan cómodos, que faciliten a súa autonomía para ir ao baño, e poñedelle o nome aos complementos se os traen.





No hay comentarios:

Publicar un comentario