jueves, 16 de noviembre de 2017

Obradoiro de tesoiras


Obradoiro de tesoiras
Esta semana comezamos no cole a empregalas tesoiras, algúns era a primeira vez, outros/as xa eramos todos/as uns auténticos expertos/as.
Ainda así, precisamos algo de axuda e colaboración nas casas para afianzar o uso deste utensilio.
Poden participar todos/as, avós, tíos, papá, mamá... a tarefa consiste en aprender en suxeitar a tesoira correctamente e abrir-cerrar e avanzar.

Pódedes empregar revistas, xornais, papeis de refugallo... etc 

Moito ánimo coa actividade!

Gracias por colaborar familias!
CONSELLO: Lembrarlle aos nenos/as, que as tesoiras non son un xoguete, son perigosas e cortan, mantelas sempre pechadas cando non se usen, non xogar con elas nas mans e pola cara, ademáis de levalas sempre boca abaixo.





1 comentario: