viernes, 3 de noviembre de 2017

SAMAIN 2017- NOVEMBRO

 FEAL 2017
AULA TERRORÍFICA DE 4 ANOS 


O martes desta semana celébramolo SAMAIN.... que noutros sitios se chama HALLOWEEN. 
Pantasmas, bruxas boas e malas, vampiros, demos... invadiron o corredor de infantil e as aulas , convertíronse en espazos que "metían medo", con estes/estas pequenos/as monstruos/as.
Estou segura que todo o mundo quere ver o arrepiante que foi a xornada.
                                      DECORACIÓN DA PORTA DA AULA DE 4 ANOS

OBRADOIRO DE CABAZAS
Empregamos a cabaza que trouxo Iker Sanjurjo, porque a da profe estaba moi dura e era moi difícil baleirala. Con certo esforzó e algo de habilidade baleiramola entre todos/as, e despois encendimos as candeas, e puxemos  as cabazas de Jimena, Ainhoa e Alicia que fixeron para a conmemoración desta semana. 


AGORA AMOSAREIVOS AOS MEUS "MONSTRUOS E MONSTRUAS"
SON TERRORÍFICOS JA JA JA...








FOTO DE GRUPO: ESCALOFRIANTE... NON SÍ?


O QUE MÁIS "MEDO" DABA ERA ESTA BRUXA PIRUXA

Fixemos moreas de actividades manipulativas ao longo destos días: Frankesteins, mural das arañas, postais... e outras máis!


No seguinte vídeo podedes ver como  foi no obradoiro de cabazas, muráis e actividades de Samain.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
E na merenda tomamos un BIZCOITO ARAÑA que fixo Jimena. Tiña ingredentes secretos e moi misteriosos.
E incluso tiña un feitizo! Se o comíamos, convertíamonos en rás.



3 comentarios: