Ademáis dos mestres... no cole hai moita xente que colabora e nos axuda na nosa pequena comunidade educativa e fai que todo sexa millor e máis levadeiro: servizo de limpeza (Carmen e Teresa), conserxe (Alfredo), servizo de almorzos (Ara, Ana e Anabel) servizo de comedor, aquí traballan moitísimos, Tania, Roberto, as dúas Chelos, a outra Ana, Dani, Estela, Lucía, Ara... e moitos máis (Sintoo: non sei o nome de todos/as!) poñen as mesas, recollen, sirven as comidas, vixian de que non nos manquemos no patio...uf! Cantas tarefas! pero nós temos que facerlle unha mención especial e agradecer a súa dedicación a Irene e Marisol, son as nosas coidadoras de comedor.
Estas mesmas aprenderonos a comer sós, descubrir novos alimentos, non ter medo a probar, ter mellor actitude ante a comida, sentarse ben na mesa... e dícir, máis autonomía e bos hábitos.
Gracias a todo o servizo de comedor pola súa dedicación incondicional nestes meses! Parabéns!
Entorno ás dúas menos cuarto aproximadamente, Marisol fai a súa presenza nas aulas 3 anos A e B. Imos subindo amodiño facendo un tren (as mestras vixiannos!). Cando chegamos ao comedor a mesa xa está posta. Tania, Chelo, Irene... e máis colaboradores estánnos esperando cos pratos cheos de comida quentiña. Somos os máis pequerrechos e temos o privilexio de recibir moitos agarimos por parte deles.
Acomodamonos nas cadeiras asignadas, nuns minutos o comedor convertírase nun fervedoiro de rapaces famentos, a continuación aparecen os compañeiros de 4 e 5 anos e despois os de Primaria, Todos teñen moita presa e fame!
Gracias rapazas! por motivos de seguridade e respecto, non amoso fotos dos rapaces comendo no comedor, pero tan só vos digo que comían con moito xeito.
Bo proveito pequerrechos!
E aquí están o resto de compañeiros/as citados anteriormente. É díficil coincidir con todos/as! dado que traballan en diferentes quendas.
ay qué entrada más chula la de hoy! siempre quise saber la rutina del comedor, me recuerda a mi infancia, cuando nos juntaban a todas (cole de monjas) en la fila y bajábamos con nuestros babis de cuadritos azules... Gracias a todo el equipo por cuidar de nuestros niños con tanto cariño, yo los dejo muy tranquila en vuestras manos!
ResponderEliminar