Hoxe 8 de Xuño celebramos o Día Mundial dos Océanos e o luns foi o Día do Medio Ambiente, ámbalas dúas conmemoracións pretenden acadar os mesmos obxectivos: o respecto pola natureza e a adquisición de hábitos saudables hacia a contorna natural.
Nós somos todos uns "expertos no fondo Mariño", por iso tamén falamos do medio no que se desenvolven as especies que fomos descubrindo neste 3º trimestre ( tabeirón, baleas, delfíns, cangarexos, polbos...) todos eles viven no mar, nos océanos, faleilles da importancia que ten non tirar lixo ao mar e as consecuencias negativas que ten para os peixes, o ecosistema marino e o sector pesqueiro.
Os nosos océanos constitúen unha fonte inagotable de recursos, poden aportarnos: alimentos, enerxía, agua, sal, recursos minerais...
Por iso para conmemorar ámbalas dúas celebracións (Medio Ambiente e Océanos) fixemos un colar ben chulo, para lembrarnos sempre que temos que coidar os parques, o mar, empregar as papeleiras, reciclar... Nós somos o futuro do noso planeta, por iso é importante inculcar hábitos respetusosos coa nosa contorna natural, físico e social, dende idades temperás.
RECORDADE! TODO LIMPIÑO TANTO NO MAR, COMA NOS BOSQUES, RÚAS, PARQUES, PATIOS, COLE, CASA... EMPREGADE SEMPRE AS PAPELEIRAS. GRACIAS!
AVISOS
- Reunión final de curso o luns 18 de Xuño ás 5:00 na propia aula.
- Ábrese o período de renovación e novas solicitudes de prazas para o comedor escolar curso 2012-13. O prazo de presentación abrangue dende o 11 de xuño ata o 6 de xullo e do 1 de setembro ata o 4 do mesmo mes.
Genial iniciativa y preciosos los trabajos; totalmente de acuerdo en inculcar a los niños la importancia de cuidar entre todos lo que es de todos y de trabajar para ello en equipo, cada pequeño acto al respecto hace mucho bien al conjunto. Enhorabuena Sandra, me encanta! y encima parece divertido!
ResponderEliminarEstos traballiños son preciosísimos!!! Qué ben quedaron!! Parabens pola idea!
ResponderEliminar