sábado, 27 de abril de 2013

Día do libro

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
 
Para conmemorar este día elaboramos uns marca-páxinas ben chulos!
Na etapa de infantil é moi habitual leer contos nas aulas, deste xeito favorecemos  o desenrrolo intelectual dos nosos alumnos/as, estimulamos a súa memoria, melloramos a súa capacidade de atención, comprensión e percepción, afianzan o hábito de escoita, amplían o seu vocabulario favorecendo deste xeito a linguaxe oral e escrita, por non falar... da imaxinación, a creatividade, os diversos contidos, fantasía, valores morais... que en moitos casos permitelles aos nenos/as combatir os sus propios medos, ser máis expresivos, comunicativos e reflexivos.
 Estos e outros moitos aspectos acádanse coa lectura de contos, así que animo a todas as familias dos meus alumnos a que lean aos seus fillos/as, para que estes nun futuro moi próximo devezan por  ler eles sós, convertíndose así en bós lectores.
 
O mércores 24 tivemos cumple de Aldara! Parabéns pequerrecha.
 
 


RECADIÑOS
Lembrade que nesta tempada o sol non é nada saudable e resulta ser moi traizoeiro! traede unha gorriña co seu nome. As gorras irán nas mochilas ( é moito máis seguro que os percheiros, ao final sempre as perdemos ).
  1. O luns 29 temos unha saída programda a BONILLA.
  2. Recordade que a nosa aula  é un invernadoiro ás veces, algúns vimos moi abrigados! roupiña máis lixeira para estar na aula, segundo a climatoloxía.
Agora gustaríame amosarvos estes retratos que elaboramos fai unhas semanas, esperamos que vos gusten!
 
Ata a próxima!
 

1 comentario:

  1. Qué bonitos los marcapáginas, nosotros también los hacemos a veces en casa con dibujos suyos. Felicidades Aldara guapa, gracias por las chuches!. Saludos, leeremos más ahora que sabemos tantas letras!

    ResponderEliminar