viernes, 5 de abril de 2013

OS ÓRGANOS INTERNOS


Ola a todos/as de novo! Comezamos o 3º trimestre, esta semana foi de adaptación: algúns viñamos cansos, outros con sono (o cambio do horario notouse), o tempo, cansanzo, irritabilidade... pero hoxe venres a cousa volveu á normalidade de sempre... de feito estivemos enredando!
 
A verdade é que non somos doutores pero hoxe na clase, durante unhas horas o fomos, claro está! Doutores de 4 aniños, non sí? Estivemos investigando como é o noso corpo por dentro.
Aldara fai un tempo trouxonos unha lámina do aparato dixestivo (tamén temos libros) e istos materiais espertaron a nosa curiosidade, e así xurdíu a actividade de hoxe:
 

Primeiro fixemos a silueta corporal dun compañeiro, neste caso foi a de Noa, despois algúns fomos perfilando co rotulador e os outros decidiamos que órganos íamos poñer no noso mural.


 
A continuación misturamos pintura branca cunha pinga de vermello e obtivemos a cor carne, en diferentes quendas fomos pintando todo o corpo.


 
Para que o traballo de grupo fose moito máis doado de entender e comprender, tamén o fixemos a nivel individual.
Despois a profe escribíu no encerado o que tiña que facer cada neno/a e os pasos que tiñamos que seguir para completar o mural.
Por exemplo: Ceci recortou o corazón despois deullo a Hugo Vila o cal tivo que colocar na silueta , Raúl escribiu a palabra corazón e Tiago pegouna.
 Favorecendo así o traballo en cadea e o traballo cooperativo! Saíunos moi ben!
 
Colocamos o cerebro, o esófago, estómago,corazón, fígado e unhas tripas moi divertidas! as cales simulaban ser o intestino delgado e groso! Sabedes que as tripas miden varios metros? algo así como entre 6 e 8 metros! ou máis... para os nenos de 4 anos resultanos complexo asimilar que toda esa lonxitude colla no noso corpo!

Pegamos alimentos que entraban pola boca, baixaban polo esófago e despois puxemos un montón de pegatinas de comida no estómago.

 Iván, Raúl, Aita e Aldara, adicáronse a facer as veas (cor vermella) e as arterias (azuis) por todo o corpo, todas saían dende o corazón.
Ao final, tamén puxémoslle uns pulmóns (que Hugo Marín diseñou) e ata pegamos uns gomets verdes e amarelos que simulaban ser os mocos que despois sairían polo nariz. 
 
Espero que vos gustase! esta é a nosa perspectiva do aparato dixestivo e outros órganos internos!
 
Aquí vos deixo este vídeo por se queredes profundizar un pouquiño máis nos contidos! 
 
Ata á próxima!
 

2 comentarios:

  1. Qué chulada !!!
    Cánto investigades !!!

    bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar
  2. aauyy lo que me ha gustadoooooo, me parto con el resultado final, me encanta que aprender sea tan divertido en esta clase, enhorabuena!

    ResponderEliminar