sábado, 20 de abril de 2013

PROFE... DÓNDE VIVEN LOS TULIPANES?

Rubén preguntou o venres á saída do cole: Profe Dónde vivían los tulipanes? estaba moi entusiasmado por contarlle á súa nai o que aprendera na escola estos días, dado que levaba para casa un fermoso tulipán feito cun rollo de papel hixiénico.
Non ía desencamiñado, días anteriores fixerámos diversas manualidades sobre os tulipáns.
A profe Sandra explicounos que os tulipáns procedían dun País chamado Holanda.
 Este País é o maior exportador e productor de tulipáns do mundo e quixemos aprender un pouco máis del...
Bicicletas, Tulipáns, Queixos xigantes, Zocos/as, Muíños de vento, casas que semellaban barcos, canles... sen dúbida falamos dos Países Baixos... Holanda.



 
Coa chegada da Primavera... os tulipánns estiveron moi presentes nas nosas actividadess plásticas, como se reflicten nas seguintes imaxes... de aí que á nosa mestra espertase á nosa curiosidade.
 
 
O luns tivemos taller de reciclaxe...
Todos/as sabemos da importancia que ten reciclar... e aportar unha nova utilidade aos desperdicios! a partires de rollos de papel hixiénico e de cociña, envases de iogur e de palliñas... fixemos uns instrumentos chulísimos: paús de choiva, frautas, maracas musicais...
Gracias a Mónica e Clara (as nosas monitoras de Taller) por aprendernos novas técnicas. Parabéns!
 



 
 
ATA A PRÓXIMA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario